Categorías

Cribado Voluntario

Cribado Voluntario

Formulario Online

A Xunta de Galicia en colaboración ca Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña, ofrecen un servizo de cribado voluntario para o persoal que traballe en establecementos situados en Galicia. A través desta iniciativa preténdese reforzar o concepto de Galicia Destino Seguro, ofrecendo unha maior confianza aos visitantes e permitindo que os profesionais do sector turístico reduzan de forma notable o risco de contaxio en contornas laborais.

Así, os empregados dos establecementos poderán ter acceso a un servizo de test PCR para detección do coronavirus SARS-CoV-2, que de forma previa á apertura no mes de decembro de 2020, permitan reforzar a mensaxe de seguridade á hora de consumir os servizos do citado local.

Para iso articúlase un formulario web para que as persoas que traballen nos devanditos establecementos poidan darse de alta na web, que se remitirá ao Sergas para que poidan programar a realización das probas.

O propio Sergas porase en contacto con aquelas persoas que notificaron o seu interese na realización da proba para acordar a cita correspondente.

Seleccione la tipología de establecimiento
Seleccione la ciudad donde desee realizar la prueba