Entrevista al candidato D. Francisco Xesús Jorquera Caselas
- 26 de mayo de 2023

En la Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña hemos realizado una serie de entrevistas a los candidatos a la alcaldía de A Coruña que han querido atendernos. Las mismas preguntas para todos ellos y solo sobre nuestro sector para vuestra información de cara a las elecciones. Comenzamos con D. Francisco Xesús Jorquera Caselas, del BNG:
¿Cuál es su principal apuesta dinamizadora para el turismo de A Coruña?
A principal aposta é a elaboración dun Plan Integral de Acción que comprometa todos os departamentos do Concello en interlocución cos axentes do sector.
O enfoque ten que ser metropolitano e o plan terá como eixo vertebrador a diversificación da oferta a partir do aproveitamento dos recursos naturais e patrimoniais da Coruña e a súa comarca, tendo tamén como obxectivo a desestacionalización da actividade turística.
Potenciaremos a imaxe de marca da Coruña, elaboraremos un Plan Director para a Torre de Hércules, reformularemos o Consorcio de Turismo para ter unha visión axustada á realidade da Coruña como cidade metropolitana e crearemos unha liña de bus turístico dentro da rede do transporte urbano local.
¿Qué solución propone para que toda la hostelería tenga legalizadas sus respectivas terrazas?
Defendemos unha nova ordenanza que regule as terrazas. É incomprensíbel que o mandato rematase sen que o Goberno Local fose capaz de elaborala. Esa ordenanza debe garantir a accesibilidade universal ao espazo público e arbitrar os medios para vixiar o seu cumprimento.
Defendemos unha nova ordenanza que regule as terrazas. É incomprensíbel que o mandato rematase sen que o Goberno Local fose capaz de elaborala
¿Cómo mejoraría la dificultad con la que mucha gente se encuentra a la hora de hacer sus trámites administrativos?
Hai tres cousas a facer neste ámbito. Recuperar totalmente a atención presencial (por exemplo, aínda non se restituíu no departamento de Urbanismo do Concelo), habilitar unha oficina técnica par aprestar asesoramento en todo o que ten a ver coa tramitación das licenzas e dotar a administración local dunha plataforma telemática que permita ás persoas usuarias facer o seguimento dos trámites da súas licenzas ou permisos.
¿Es partidario de ampliar los horarios de hostelería en fiestas señaladas?
Parécenos adecuado manter os horarios actuais.
¿Qué soluciones ofrece ante la falta de personal en el sector?
As distintas administracións -tamén o Concello, aínda que as súas competencias nesta materia sexan limitadas- teñen que esforzarse no capítulo da formación do persoal. Tamén é importante a mellora das condicións laborais.
¿Mantendrá las terrazas en las plazas de aparcamiento?
Apostamos pola reordenación do espazo público cunha perspectiva clara: a prioridade ten de ser o peón, apostando polas vías de plataforma única. Prioridade tamén para o transporte público e a bici.
Apostamos pola reordenación do espazo público cunha perspectiva clara: a prioridade ten de ser o peón, apostando polas vías de plataforma única
¿Quitaría la tasa de ocupación de terrazas en suelo público?
Non. É un uso lucrativo do espazo de todas e de todos.